Domingo 18 de Novembro de 2018

XXIX FESTA DA BICI


O vindeiro domingo, 15 de xullo, vaise realizar na Pobra do Caramiñal, a XXIX FESTA DA BICI, organizada por a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal
Será de carácter solidario donde cada participante terá que achegar un quilo de alimentos non perecedeiros no momento de realizar a súa inscrición
Estos alimentos serán recollidos por as asociacións de Cáritas do municipio e irán destinados as familias mais necesitadas.

Como en todas edicións desta Festa están convidados/as a participar todos e todas veciños e veciñas da Pobra e foráneos, sempre que traian a súa bicicleta e casco.

A partires das 10.15h. da mañá, na Praza Alcalde Segundo Durán, o persoal encargado da organización desta actividade encargarase de realizar a inscrición dos/das participantes.
O paseo, comenzará aproximadamente ás 11.00 horas, con saída e chegada na Praza Alcalde Segundo Durán.

Faranse dous circuítos:
PERCORRIDO ATA 8 ANOS: para os mais cativos no que participaran os nenos/as ata 8 anos e os que necesiten acompañante exclusivamente, cunha distancia de 2 km totalmente chan e polo casco urbano, tamén poderan participar os nenos mais maiores que teñan dificultades para realizar un percorrido mais largo, sairá as 11h
PERCORRIDO GRANDE: unha vez entrada na praza os participantes no percorrido pequeño tomarase a saída deste percorrido mais amplo, destinado a maiores de 8 anos en diante, cunha distancia aproximada de 10 km, polo que só poden tomar a saída os participantes que poidan cubrir esta distancia a ritmo suave e moderado, quedando excluidos os cativos mais pequenos que xa teñen o outro percorrido.
Percorrido grande : Praza Alcalde Segundo Durán – Areal, Maño, Campiño, Atalaia, Pedriñas, Roupión, A Banda,…….

A chegada de volta a Praza Alcalde Segundo Durán farase un sorteo de regalos cedidos por diferentes entidades comerciais da Pobra: GADIS, SUPERMERCADOS EROSKI , CENTRO SPORT/MANIOTAS E SPORT BIKE.

Organiza esta actividade a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal e colabora MOTOCLUB SIN FRENOS e as entidades antes citadas.