Xoves 12 de Decembro de 2019

Trazo, nova parada da xincana lingüística do SNL da Mancomunidade


O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes realizou a súa xincana lingüística hoxe en Trazo, onde uns 20 nenos e nenas desfrutaron sorteando os obstáculos cos que conseguían sílabas coas que formar os nomes de dez deportes. Con esta iniciativa preténdese estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables cara á nosa lingua, ademais de favorecer o seu uso nas actividades lúdicas.