Venres 19 de Outubro de 2018

Ovidio Rodeiro destaca a importancia do turismo enogastronómico como un dos grandes potenciais da Costa da Morte


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, participou na xornada Atardecer Enogastronómico no Fin do Mundo organizada pola adega Pazo de Rubianes no Faro de Fisterra (Semáforo de Fisterra), un dos sitios máis emblemáticos e turísticos da Costa da Morte.

Este acto se enmarca dentro das actividades organizadas nesta comarca para promocionar o turismo etnográfico e gastronómico, uno dos grandes atractivos desta zona xunto coa espectacularidade deste territorio. O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, puxo en valor este tipo de xornadas porque son un reclamo máis para os turistas que veñen buscando tranquilidade e gozar dunha das mellores gastronomías do mundo”. Neste senso, apuntou que “a nosa comunidade se posiciona xa como un dos destinos favoritos de turismo gastronómico de España, grazas á súa ampla oferta e a calidade dos seus produtos”.

Do mesmo xeito, o delegado territorial destacou o compromiso da Administración autonómica por continuar nesta boa liña de traballo coa elaboración do Plan de Enogastronomía, un documento transversal con especial vínculo da cociña co resto de elementos diferenciadores do noso turismo, coa intención de fortalecer aínda máis o potencial turístico da cocina galega, os seus produtos e a imaxe como destino competitivo.