Xoves 20 de Setembro de 2018

A S.D. Santa Cruz álzase co III Trofeo Concello de Ordes


Tal e como acontecera xa na pasada edición a S.D. Santa Cruz de Montaos acadou a vitoria no III Trofeo Concello de Ordes celebrado esta fin de semana co gallo das festas patronais de Santa María, as cales darán comezo mañá. En segunda e terceira posición quedaron a A.D. Vila de Ordes e a S.D.C. Órdenes. José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde e concelleira de Deportes foron os encargados de entregar os trofeos.