Xoves 09 de Xullo de 2020

Un total de 51 persoas participaron nos cursos de natación e na primeira edición de ximnasia na auga organizados polo Concello de Frades


Un total de 39 persoas, dez adultas e 29 nenos e nenas, participaron este verán nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar ao longo dos dous últimos meses nas instalacións da piscina municipal de Frades, na parroquia de Papucín, que pechará mañá martes as súas portas. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes.

Así mesmo, tamén se clausurou a primeira edición do curso de ximnasia na auga, celebrado tamén na piscina municipal e no que participaron doce veciños e veciñas. Un curso dun mes de duración e impartido, ao igual cos cursos de natación, polas socorristas Tania Gándara e Ana Mella.