Venres 16 de Abril de 2021

O Concello renovará o convenio coa Fundación Centro Oncológico de Galicia


O Goberno local prorroga por dous anos máis este acordo, que inclúe o mantemento do Rexistro Poboacional de Tumores

O Concello da Coruña informa da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local celebrada esta semana, da prórroga por dous anos máis do convenio subscrito en 2013 coa Fundación Centro Oncológico de Galicia José Antonio Quiroga e Piñeyro, no que se inclúe o mantemento do Rexistro Poboacional de Tumores da área daCoruña e a prevención e asistencia oncológica aos empregados municipais e ás persoas que formen parte da súa unidade familiar.
A Xunta de Goberno, ademais de prorrogar o convenio, comprometeu o gasto necesario para o seu desenvolvemento durante os anos 2015 e 2016. En total, son 961.320 euros. A firma deste convenio aprobouse en 2013, cunha vixencia de dous anos, prorrogable por dous máis, e supuxo a renovación do anterior acordo coa inclusión dalgunhas melloras, entre as que se encontran revisións dermatolóxico e otorrinolaringológico e actividades de promoción da saúde e outras accións preventivas que se suman ás revisións de próstata, colon, xinecolóxico e de mama que incluía o anterior. Neste mandato, o Goberno local eliminou os seguros médicos privados aos membros da Corporación municipal.