Xoves 20 de Setembro de 2018

O PSOE de Ordes celebra que a Deputación acondicione un camiño para que a veciñanza de Villamaior teña acceso seguro á AC-524 Ordes-Abellá


Trátase dunha histórica demanda presentada polos socialistas ordenses dende 2014 e que foi incluída no POS 2017

A Agrupación Socialista de Ordes celebra que a Deputación Provincial da Coruña veña de acondicionar un camiño entre A Armada e a AC-524 Ordes-Abellá, que permitirá que os veciños e veciñas de Villamaior poidan ter un acceso seguro a esta estrada autonómica. “Despois de máis de catro anos reclamando esta obra no Concello, finalmente conseguimos incluíla no POS 2017, a pesares das negativas por parte do equipo de goberno do PP, e hoxe é unha realidade grazas á Deputación da Coruña”, explica Alejandro Manteiga, voceiro municipal do PSdeG-PSOE de Ordes.

Ata o de agora, os condutores que querían incorporarse dende a parroquia de Villamaior á AC-524 Ordes-Abellá tiñan que facelo nunha perigosa curva de reducida visibilidade. Un perigo que aumentaba debido á gran cantidade de tráfico que soporta esta estrada, sobre todo de vehículos pesados e que circulan a gran velocidade. E é que esta estrada, ademais de dar acceso directo tanto a Ordes como a localidades como Abellá (Frades) ou Xanceda e Lanzá (Mesía).

A proposta dos socialistas, que finalmente foi executada pola Deputación, era acondicionar outra estrada na zona, entre A Armada e a AC-524, “que agora se converte nunha alternativa moito máis segura para os condutores e condutoras da parroquia de Villamaior”, celebra Alejandro Manteiga. O PSOE de Ordes levaba reclamando a inclusión de esta obra no Plan de Obras e Servizos da Deputación dende o ano 2014, obtendo sempre unha negativa por parte do Concello de Ordes. Finalmente, aproveitando a crise de Goberno ocasionada coa marcha de dous edís do PP a principios de 2017, os socialistas ordenses conseguiron incluír esta obrano POS 2017.

Deja un comentario