Luns 19 de Novembro de 2018

Touro recibe a homologación da ruta de sendeirismo (PR-G 233) que vai en paralelo ao Ulla dende Fervenza das Hortas ata o río Lañas


O Concello rehabilitou e acondicionaou con apoio do GDR Ulla-Tambre-Mandeo o novo sendeiro que percorre a beira do río que separa as provincias da Coruña e Pontevedra

O Concello de Touro conta con unha nova ruta de sendeirismo homolagada. Trátase da Ruta da Fervenza das Horas ao Río Lañas (PR-G 233), que discorre durante pouco máis de 12 quilómetros pola beira do río Ulla. O Concello de Touro recibiu fai uns días a homologación tramitada a través da Federación Galega de Montañismo. O Concello de Touro, que aposta polo turismo de natureza, conta agora con tres rutas homologadas. As outras duas son: Ruta da Ribeira do Ulla (PR-G 93), de casi 13 quilómetros; e Ruta dos Tres Ríos (PR-G 121), de 9 quilómetros.

Agora xa é posible percorrer a pé toda a beira do Ulla que baña o municipio de Touro. Ainda que non toda a beira conta con rutas homologadas. Pódense percorrer arredor duns 30 quilómetros de sendeiros homologados pola beira do Ulla en Touro, tramo que ten unha lonxitude total de máis de 40 quilómetros.

A Ruta PR-G 233 foi acondicionada a través dunha iniciativa non productiva liderada polo Concello de Touro e que contou cun investimento total de 42.000 euros. A axuda, que procedeu dos fondos Feder e de Agader, foi tramita a través do GDR Ulla-Tambre-Mandeo.

A ruta comenza no límite do Concello de Arzúa, na Fervenza das Hortas e chega ata a desembocadura do río Lañas no propio Ulla. Aí remata esta nova ruta que xa pode ser utilizada polos amantes do sendeirismo. Conta con 12,32 quilómetros de lonxitude e está catalogada cunha dificultade media. A ruta conecta na Fervenza das Hortas coa PR-G 169, que discorre polo concello de Arzúa. E na desembocadura do río Lañas conecta coa PR-G 121, que a súa vez conecta coa PR-G 93 e logo co roteiro de Ponte a Ponte, que ainda non conta coa homologación da Federación Galega de Montañismo. Así completaríase todo o tramo pola beira do río Ulla, que separa e tamén une ás provincias da Coruña e Pontevedra.

O Concello de Touro destaca que este novo roteiro conta cun “gran valor patrimonial-medioambiental”. Apunta que comenza moi próximo á Fervenza das Hortas e que no seu traxecto está a fervenza de Rosende, que cae directamente ao Ulla, e que a ruta remata na desembocadura do Lañas tamén no propio Ulla. Conta tamén con outros elementos de interés no seu percorrido como o pazo de Rosende, diversos muíños, lavadoiros, pontes, fervenzas. Pódese tomar un desvío para coñecer o Petroglifo da Pena Furada. A ruta pasa tamén a carón da Pena das Letras.

O Concello de Touro avanza no obxectivo de unir cunha gran ruta de sendeirismo toda a súa beira do Ulla. Esta nova ruta homologada conecta co tramo que vai en paralelo ao Ulla da PG-R 121 (Ruta dos Tres Ríos) e que son uns tres quilómetros. Este tramo únese á ruta PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla, que percorre as parroquias de Novefontes, Fao e Ribeira. Por outra banda, Touro conta cunha ruta ainda non homologada De Ponte a Ponte, que vai en Rede Natura e que une Ponte Remesquide con Ponte Ledesma, xa no Concello de Boqueixón. “O Concello de Touro avanza, na parte que lle corresponde, no obxectivo de que o Ulla conte cunha gran ruta de sendeirismo contínua que vaia dende o seu nacemento ata a desembocadura no Atlántico. Os 20 concellos bañados polo río Ulla (Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira, Rianxo e Vilagarcía de Arousa) tratan de poñer as bases para traballar no deseño desa gran ruta de sendeirismo contínua pola beira do río que serviría como buque insignia de promoción desta zona que acolle a eses 20 concellos e que afecta a tres provincias galegas (A Coruña, Lugo e Pontevedra).