Mércores 24 de Outubro de 2018

Novas Xornadas de Cooperativismo organizadas pola Mancomunidade de Ordes


A oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade de Ordes está a desenvolver unha nova edición das súas Xornadas de Cooperativismo. Estas van dirixidas ao alumnado de 4° de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros de ensino da comarca.
Concretamente realízanse visitas ás instalacións en Silleda da cooperativa Amarelas S. Coop. Galega dedicada aos servizos turísticos e de tempo libre. Deste xeito lévase a cabo unha aproximación á economía social e ao cooperativismo como modelo empresarial. O programa inclúe a participación na actividade de interpretación do patrimonio a través dunha dinámica de xogo onde o alumnado pode identificar como se articulan os principais obxectivos.
A través destas xornadas quérese dar a coñecer o cooperativismo como un modelo empresarial a ter en conta á hora de emprender, fomentar o autoemprego, visibilizar persoas emprendedoras relacionadas co mundo cooperativo, reflexionar sobre a contribución do cooperativismo ao desenvolvemento local, ademais de difundir os servizos da Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes.