Mércores 24 de Outubro de 2018

O Concello de Noia abre do 1 ao 16 de outubro o prazo para solicitar licenza de venda de flores para defuntos no Día de todos os Santos


O Concello de Noia informa de que o prazo para solicitar licenza de venda de flores para defuntos entre o 25 de outubro e o 1 de novembro (co gallo da celebración do “Día de todos os Santos”) estará aberto do 1 ao 16 de outubro no Rexistro de Entrada do Concello, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Estará permitida a venda de flor de tempada (crisantemo en todas as súas variedades e margarita), solta ou en centros, exclusivamente a titulares de establecementos autorizados e a aquelas persoas que o soliciten e lles sexa outorgada a licenza de venda de flores para defuntos.

Os puntos de venda emprazaranse na Praza do Tapal (xoves 25 e domingo 28 de outubro e xoves 1 de novembro) e na rúa do Curro (do 26 ao 31 de setembro). Os titulares de postos de venda de flores no mercado dos xoves e domingos tamén deberán solicitar esta licenza no caso de que queiran vender en días distintos aos xoves e domingos.