Venres 03 de Xullo de 2020

O Concello de Touro suscribe a recepción do Parque Empresarial de Touro


Este trámite administrativo permite ao Concello de Touro conceder licencia ás empresas que xa queiran inslatarse nos terreos do Parque Empresarial de Touro, xa urbanizado e isto para acoller proxectos empresariais

O Concello de Touro suscribiu hoxe a acta de recepción única e definitiva do Parque Empresarial de Touro. Este trámite administrativo garantiza que o Concello de Touro xa pode conceder licencia ás empresas que o soliciten e que estén interesadas en ubicarse nas instalacións do Parque Empresarial de Touro. Esta infraestructura está xa rematada, urbanizada, con todas as dotacións e accesos e lista para recibir ás empresas que queiran instalarse.

A firma da acta de recepción única e definitiva do Parque Empresarial de Touro por parte do Concello de Touro tivo lugar hoxe ás 11.00 horas na sede do Concello. Suscribiron o documento o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; Eva Gómez Portela, administadora de Explotaciones Gallegas; Ricardo Valencia Hentschel, director técnico de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e Jorge Vila, director das obras.

O director das obras explicou que éstas foron executadas de acordo co proxecto e as modificacións aprobadas e destacou que o Parque Empresarial de Touro está en condicións de ser recibido polo Concello. Tanto os presentantes do Concello, como do IGVS e de Explotaciones Gallegas fixeron ‘in situ’ o recoñecemento da obra e coincidieron en que ésta atópase en bo estado e lista para recibir ás empresas que queiran construir aquí as súas instalacións. En consecuencia, o alcade de Touro, Ignacio Codesido, dou por recibida a obra, entregándoa ao uso e servizo correspondente.

O IGVS, en cumplimento do contrato de cesión da execución de data 29/03/2010, tomou posesión de catro parcelas. Pola súa banda, a empresa Explotaciones Gallegas, promotora do proxecto do Parque Empresarial de Touro, queda como propietaria das parcelas 1 á 22 e da 25 á 27. O resto das superficies do Parque Empresarial de Touro son cedidas pola empresa promotora ao Concello de Touro. O acto de hoxe tamén serviu como toma de posesión das mesmas. O Concello de Touro é propietario, xestionará e faixe cargo dende o día de hoxe das zonas verdes do Parque Empresarial de Touro, das zonas de equipamentos, dos aparcamentos, dos viais e tamén das vías de acceso.

O acto administrativo de recepción do Parque Empresarial de Touro significa que esta nova infraestructura “xa está en condicións de funcionar”, destacou o representante do IGVS. O Concello de Touro xa está habilitado dende hoxe para conceder licencias se así o estima ás empresas que o soliciten e que queiran instalarse no novo parque sempre que cumplan as condicións requeridas.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e tras firmar a Acta de Recepción Única e Definitiva do Parque Empresarial de Touro, mostrou a súa satisfacción por culminar un traballo iniciado xa fai moitos anos. “Hoxe é un día importante para os que apostamos por este proxecto, a firma de hoxe representa un paso definitivo para que o Parque Empresarial de Touro sexa unha realidade”, destacou. E lanzou un desexo: “Confiamos pouco a pouco en que vaian chegando empresas comprometidas que aposten polo futuro de Touro e o dos seus veciños e veciñas”.

O Parque Empresarial de Touro conta cunha superficie total de 52.755 metros cadrados, do que o 55,74% (uns 29.405 metros cadrados) é solo industrial. As zonas verdes son 10.397 metros cadrados, arredor do 20% do parque. Pola súa banda os aparcamentos ocupan 1.682 metros cadrados; o uso dotacional, 1.347 metros cadrados; e a rede viaria, 9.925 metros cadrados (18,81% do total do parque).