Venres 03 de Xullo de 2020

O Concello de Touro inaugura o Parque Público Ramón Diéguez Reboredo


O actual alcalde inaugurou hoxe a nova infraestructura que leva o nome do ex alcalde Diéguez Reboredo e faino xunto coa viúva, Isabel Martínez, que donou a propiedade onde está ubicado o novo parque, e o irmán do ex alcalde, o bispo José Diéguez Reboredo

O Concello de Touro inaugurou esta mañán o Parque Público Diéguez Reboredo, que homenaxea ao ex alcalde e que servirá para uso e disfrute de veciños e tamén de todo o que se queira achegar ata Touro. No acto de inauguración estivo o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, que descubriu unha placa nun monolito de homenaxe xunto con Isabel Martínez, viúva de Ramón Diéguez. Tamén estivo presente o irmán de Ramón Diéguez, o bispo que foi das dióceses de Ourense e de Tui-Vigo, José Diéguez Reboredo. O alcalde de Touro agradeceu a doación da finca onde está instalado este parque por parte da viúva de Ramón Diéguez. “A construcción deste parque foi posible á cesión gratuita ao concello desta finca”, destacou o alcalde de Touro, que lembrou que o parque ten unha superficie de arredor de 8.500 metros cadrados. “A finalidade é destinalo a parque público con fins de carácter social e cultural”, engadiu Ignacio Codesido. Pola súa banda, a viúva de Ramon Diéguez Reboredo, Isabel Martínez, moi emocionada, destacou a súa satisfacción por ter feioto a doación e agradeceu as atencións do Concello. Tamén manifestou a súa ledicia para que o Parque Público Diéguez Reboredo sexa para o lecer e disfrute de todos os veciños do Concello de Touro. O alcalde de Touro tamén transmitiu o seu agredecemento a Isabel Martínez polo “xesto, dándolle o nome do seu marido a este parque público”.

Tras as intervencións, o párroco de Touro, José Manuel Recarey, procedeu á bendición do parque. E posteriormente a viúva de Ramón Diéguez Reboredo e o seu irmán, con axuda tamén do alcalde, descubriron a placa que luce nun gran monolito ubicado no centro do parque e que ten a seguinte inscripción: “Parque Público Ramón Diéguez Reboredo. Este parque foi inaugurado o 29 de setembro de 2018 polo alcalde Ignacio Codesido Barreiro”.

Ademáis de familiares e amigos, tamén acudiron hoxe á inauguración parte dos concelleiros da actual Corporación municipal e concelleiros que formaron parte na etapa política de Ramón Diéguez Reboredo, como concelleiro do Concello de Touro, desde o ano 1979 a 1999 e como alcalde, desde o ano 1986 a 1990 e desde 1991 ata 1994.

O Parque Público Diéguez Reboredo está ubicado na finca doada pola viúva do ex alcalde. Está no centro urbano de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, e moi próximo ao CPI Fonte Díaz, ao Pabellón Municipal de Deportes a trala sede do Concello de Touro. A viúva doou a propiedade para que ésta fose destinada “a dotacións, usos e actividades de carácter público”. O Concello de Touro comprometeuse a que a finca “se dedique na súa totalidade e acondicione para un parque recreativo”. “A doación desta propiedade da mostra do altruismo e da atención desinteresada polos habitantes de Touro da familia do noso anterior alcalde”, apuntou o Concello no seu momento, cando formalizouse a cesión.