Sábado 31 de Outubro de 2020

O Concello de Brión organiza un curso gratuíto de Word e Excel para persoas desempregadas


 

O Concello de Brión organizará un curso gratuíto de Word e Excel para persoas desempregadas, que terá lugar ao longo de 40 horas lectivas a partir do 6 de novembro. Trátase dun curso de formación que busca que o alumnado adquira coñecementos básicos de informática de cara a mellorar a súa empregabilidade.

As clases impartiranse na aula CEMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas. A inscrición estará aberta ata o 19 de outubro na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com.