Sábado 14 de Decembro de 2019

Novo curso sobre novas tecnoloxías e competencias dixitais


 

De carácter gratuíto, terá lugar de novembro a maio os xoves pola mañá. O prazo de inscrición irá dende o 29 ata o 31 deste mes
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes informa sobre a posta en marcha dunha nova actividade gratuíta denominada “Apoio para as competencias dixitais. Unha aproximación ás novas tecnoloxías”. Impartiranse nocións básicas sobre o manexo das novas tecnoloxías a través de ordenador, tableta ou teléfono móbil para poder ser empregados nas actividades máis cotiás.
As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Mancomunidade de Ordes (baixos da alameda) ou ben no mesmo Concello de Ordes do 29 ao 31 de outubro, habendo un total de 45 prazas. As clases impartiranse os xoves pola mañá dende novembro ata maio na aula de informática situada na Casa da Cultura.