Luns 19 de Novembro de 2018

Tardes de contos e lendas na biblioteca de Ordes


A biblioteca municipal de Ordes continúa co programa das Tardes de contos e lendas. Como cada último venres de cada mes os nenos e nenas do lugar poden pasar un bo rato con historias narradas e protagonizadas por personaxes de todo tipo. Nesta ocasión ofreceuse o relato titulado Como axudo a Antón?