Mércores 11 de Decembro de 2019

Presentación do Programa Espazos das Familias


Mañá mércores, día 31 de outubro ás 12:00h no Auditorio do Museo Valle-Inclán, terá lugar a presentación do Programa Espazos das Familias.

Este programa está dirixido a familias con nenas e nenos menores de tres anos e ofrece a posibilidade de encontros e intercambio con outras familias, co fin de poñer en valor o seu importante papel como educadoras. É un espazo de Formación de Pais, que se xuntará cada semana para compartir experiencias e facer actividades para acadar o mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

Nesta presentación estarán presentes o concelleiro de Servizos Sociais D. Miguel Alamancos Sobrido e unha profesional da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, entidade que coordinará ditos encontros.

Estes espazos que ofrece o Concello da Pobra do Caramiñal, poñeranse en marcha no mes de novembro.
Para anotarse poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais ou ben facelo de maneira presencial.

Agardando contar coa vosa presenza, un cordial saúdo.