Luns 19 de Novembro de 2018

Daniel Formoso é reelixido como presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña


Daniel Formoso é o patrón maior da confraría de pescadores de Muros
Os patróns e vicepatróns maiores das confrarías de pescadores da provincia da Coruña reuníronse para elixir os órganos de goberno da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

A xornada electoral desenvolveuse sen incidencias, sendo elixidos nesta xunta xeral o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos. Tamén foron elixidos os tres vogais que representarán á federación provincial no comité executivo da Federación Galega de Confrarías.

Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores e amosa a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes. No caso das federacións provinciais de confrarías de pescadores de Lugo e Pontevedra, os comicios serán o vindeiro 9 de novembro.

Na seguinte táboa resúmense os resultados destes comicios:

FEDERACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

CARGO APELIDOS E NOME CONFRARÍA COLECTIVO (Emp/Trab)
Presidente/a Daniel Formoso Moledo Muros Empresarios
Vicepresidente/a 1º López Iglesias, María Jesús Pontedeume Traballadores
Vicepresidente/a 2º Méndez Gómez, Emilio Lorbé Empresarios

Comité executivo Fed. Prov. Canosa Entonado, Felipe A Coruña Empresarios
Comité executivo Fed. Prov Villar Vidal, Manuel Laxe Empresarios
Comité executivo Fed. Prov Pérez Sieira, José Antonio Ribeira Empresarios
Comité executivo Fed. Prov Santamaría Sampedro, José Antonio Aguiño Empresarios
Comité executivo Fed. Prov Lestón Mayo, Adelaida Muros Traballadores
Comité executivo Fed. Prov Dosil González, Mª Remedios Lira Traballadores
Comité executivo Fed. Prov Lucci Muñoa, Omar Enrique Mugardos Traballadores
Comité executivo Fed. Prov Lorenzo Queiruga, Manuel Porto do Son Traballadores

Comité executivo Fed. Galega Pérez Sieira, José Antonio Ribeira Empresarios
Comité executivo Fed. Galega López Iglesias, Mª Jesús Pontedeume Traballadores
Comité executivo Fed. Galega Lestón Mayo, Adelaida Muros Traballadores

Deja un comentario