Mércores 12 de Decembro de 2018

O Concello de Frades convoca un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres


 

O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de defensa persoal e autocapacidades para mulleres, unha iniciativa de adestramento físico e psíquico que será impartido por monitores especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita. A participación está aberta a todas mulleres do municipio que o desexen, que deberán anotarse no Concello de Frades (981 695 567) antes do martes 13 de novembro.

O curso terá unha duración de 8 horas e será impartido no multiúsos de Frades o luns 19 e o mércores 21 de novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Para facilitar a participación, o Concello de Frades ofrecerá un servizo gratuíto de gardería ás participantes. A iniciativa está organizada polo Concello de Frades, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Loita.