Luns 19 de Novembro de 2018

O mago Charly Braun estreará mañá sábado no III Festimaxia de Lousame o seu espectáculo “Loca academia de maxia”


 

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado 10 de novembro, ás 18:00 horas, a actuación do mago Charly Braun, que presentará o seu novo show: “Loca academia de maxia”. Trátase dun espectáculo de algo máis dunha hora de duración e que está dirixido tanto a nenos e nenas como ás persoas adultas. A entrada é libre e de balde.

“O mago andalú” estreará en Lousame o seu novo show, do que asegura que “es muy divertido” e adianta que “va a ser un sábado muy, muy loco”. Nas súas actuacións, Charly Braun mestura o humor con distintos tipos de maxia, dende maxia infantil a maxia con cartas e algúns trucos tamén dirixidos aos adultos.

Deja un comentario