Sábado 14 de Decembro de 2019

Comeza a instalación dunha rede de saneamento en Pedra do Pino en Corrubedo


 

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación dirixida á instalación dunha rede de saneamento na zona de Corrubedo coñecida como Pedra do Pino, moi próxima á praia da Ladeira.

O obxectivo fundamental que se pretende con esta obra, moi demandada polos veciños da zona, reside en dotar ao sitio en cuestión dun servizo do que actualmente carece.

Así, disporanse dous colectores de PVC de 315 milímetros de diámetro e lonxitudes de 69 e 138 metros ata sumar un total de 207 metros. Despois reporase o pavimento existente.

A obra foi adxudicada á empresa Marqués de Marancán, SL, por un importe de 12.622,61 euros. O prazo de execución é dun mes.