Mércores 12 de Decembro de 2018

150 ordenses participan na segunda etapa do Camiño Portugués pola costa


 

Segunda etapa do Camiño Portugués pola costa. Nesta ocasión os 150 peregrinos ordenses que participan iniciaron a súa andaina dende Oia ata Baiona. Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ordes non se quixo perder esta xornada. Xa para o vindeiro mes de decembro está prevista unha nova etapa que transcurrirá entre as localidades de Baiona e Vigo.