Martes 26 de Marzo de 2019

O alumnado do Conservatorio Municipal de Noia ofrece mañá xoves o seu Concerto de Nadal, que será solidario con Cáritas


 

O alumnado do Conservatorio Municipal “Felipe Paz Carbajal” ofrecerá mañá xoves 20 de decembro, ás 20:30 horas, o tradicional Concerto de Nadal no Coliseo Noela. Un concerto no que se interpretarán un total de 30 pezas, nas que contarán con Juan M. Varela como pianista acompañante. A entrada será libre e de balde, se ben entre os asistentes se venderán rifas solidarias con Cáritas.

O concerto será aberto polo alumnado do grado elemental, que interpretarán dúas pezas (“Na máis fría noite” e “Linda noite”), seguidos polo alumnado de 1º e 2º de Linguaxe Musical, con tres pezas propias destas datas “Noite de paz”, “Adeste fideles” e “Navidad”. Despois pasarán polo escenario do Coliseo Noela un total de 38 alumnos e alumnas, na súa maioría de xeito individual, para interpretar tanto panxoliñas doutras culturas (Chequia, Alemaña e India) como pezas clásicas como “Para Elisa” de Beethoven ou a “Danza alemá” de Schubert.