Venres 24 de Maio de 2019

A Mancomunidade de Ordes abre o proceso de selección dun logopeda para o seu servizo de Atención Temperá


 

A partir de mañá disporase de 10 días naturais para entregar as solicitudes. Dende de hoxe xa se poden consultar as bases na web do ente supramunicipal

A Presidencia da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de aprobar a convocatoria das bases para a contratación dun logopeda para o servizo de atención temperá. O procedemento selectivo consistirá nun concurso de méritos, unha proba tipo test e unha entrevista persoal. As persoas interesadas en participar neste proceso dispoñen de 10 días naturais a partir de mañá para entregar a correspondente solicitude.
Para máis información pódense consultar o seguinte enlace na páxina web da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes: http://www.mancomunidadeordes.gal/backoffice/file/proba-selectiva-logopeda-3757.pdf .