Xoves 12 de Decembro de 2019

Estudantes de Ordes asisten na Casa da Cultura á xornada ‘Agresións e violencia sexual’


 

Un cento de alumnos e alumnas dos institutos locais recibiron información de primeira man sobre as ferramentas preventivas máis efectivas
O alumnado de 4º de ESO dos institutos ordenses Número 1 e Maruxa Maio asistiu recentemete á xornada Agresións sexuais e violencia sexual, a cal tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura.
Os máis de cen mozos e mozas participantes tiveron ocasión de formular preguntas sobre o delito da violación, a importancia do consentimento nas relacións e as ferramentas para previr agresións e solicitar apoio. Ao respecto fíxose fincapé en Agresión OFF, aplicación da Xunta de Galicia con consellos e pautas para evitar, prever e suprimir agresións. Tamén se falou do Programa de intervención terapéutica da Xunta, o cal asiste a mulleres que sufriron violencia sexual.
A xornada foi concedida ao Concello de Ordes por integrarse na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. A organización correu a cargo da FEGAMP e a Secretaría Xeral de Igualdade.