Luns 16 de Setembro de 2019

O Concello de Boqueixón cortará mañá o servizo de abastecemento por mor de labores de mantemento no depósito municipal


O Concello de Boqueixón realizará mañá entre as 10.00 e as 12.00 horas un corte no subministro de abastecemento que afectará a toda a veciñanza. Dito corte realizarase por mor das labores de mantemento que se van desenvolver no depósito municipal de auga localizado no cumio do Pico Sacro.

Dende o Concello solicitan á veciñanza que durante esas horas traten de non usar a auga. Ao mesmo tempo, piden desculpas polas molestias que poida causar este corte no servizo de abastecemento.