Luns 16 de Setembro de 2019

Touro inicia o Obradoiro do Entroido para preparar os disfraces do desfile do día 5 de marzo


 

Xa comenzou esta semana en Touro o Obradoiro de Entroido. O Concello organiza un Obradoiro de Entroido para confeccionar e preparar os traxes e disfraces que se lucirán no desfile da Feira do Entroido, que será o día 5 de marzo nas rúas de Fonte Díaz e que concide coa tradicional feira mensual que se celebra os días 5 de cada mes. “Todos os veciños e veciñas que queiran participar no desfile do día 5 na feira do entroido poden tamén participar neste obradoiro”, anima o Concello de Touro. O obradoiro terá lugar a tarde dos mércores do mes de febreiro na Casa de Cultura. Poden acudir nenos e nenas acompañados dos seus pais.