Venres 23 de Febreiro de 2018

A Deputación investirá preto de 37.000 euros para a compra dun vehículo de mantenemento das estradas de catro concellos


A maquinaria consiste nun rodillo vibrante e un remolque para o seu transporte

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vén de asinar un convenio de colaboración co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quintián, do que, ademais deste municipio, beneficiaranse tamén os veciños dos concellos de Monfero Irixoa e Aranga. O acordo supón unha achega de 36.989,70 euros por parte da institución provincial para a compra de maquinaria de mantemento de estradas.

En concreto, adquirirase con cargo exclusivo á Deputación un rodillo vibrante e un remolque para o seu transporte do que poderán ter uso estes catro concellos integrantes da comunidade intermunicipal Lambre-Mandeo de servizos públicos consorciados.

Esta axuda segue a liña do goberno provincial de sacar o máximo partido dos seus recursos a través da eficacia na xestión e de recursos compartidos entre varios municipios.