Martes 17 de Setembro de 2019

A Casa da Cultura de Lousame acollerá o obradoiro gratuíto “Expresarte: música + diversión”, organizado por ASGPOH


 

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos

A Casa da Cultura de Lousame acollerá o sábado 16 de febreiro, ás 17:00 horas, o obradoiro gratuíto “Expresarte: Música + Diversión” dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade. Uns talleres organizados pola Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), en colaboración con EmanArte e o Concello de Lousame.

A participación no taller é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas é limitado polo que é preciso inscrición previa no teléfono 636 485 137 ou no mail asgpoh@gmail.com. Os obradoiros serán impartidos pola soprano e violonchelista noiesa Esperanza Mara, a través da súa empresa EmanArte.