Martes 27 de Xuño de 2017

Ordes ríndelle tributo a Junjo Liñares cun espectáculo de danza que enche a casa da cultura


As agrupacións Sementes da Arte e Ibérica de Danza, fundamentais na traxectoria do gran coreógrafo, compartiron escenario nun espectáculo que levantou dos seus asientos a todos os que acudiron a velo

O auditorio da casa da cultura de Ordes quedouse pequeno para rendirlle tributo ao seu fillo predilecto Juanjo Liñares, con motivo do quinto aniversario do seu pasamento. O gran bailarín e coreógrafo estivo na memoria de todos, sobre todo ao inicio do espectáculo de baile e danza especialmente preparado para a ocasión, momento no que se proxectou unha montaxe con imaxes da súa longa traxectoria profesional e persoal, así como das coleccións doadas por él e exhibidas no museo que leva o seu nome na vila ordense.
O grupo folclórico do municipio Sementes da Arte, creado polo propio Liñares, foi o responsable de estrear onte o escenario. Posteriormente chegou o turno do grupo Ibérica de Danza, que coa súa combinación de baile tradicional e danza clásica lograron levantar a toda a bancada dos seus asientos mentres rompían as mans en aplaudir. Máis de unha hora e media de maestría escénica e grandes dotes de baile que culminou coa actuación conxunta de ambas formacións. Para o momento escolleuse unha jota típica galega que foi do agrado de todos os presentes.
Finalmente o concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, acompañado da concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias, entregou unha placa como sinal de agradecemento por parte do pobo de Ordes aos integrantes do grupo Ibérica de Danza. Precisamente esta formación está íntimamente ligada á figura de Juanjo Liñares, xa que nela desenvolveu parte da súa carreira artística. Con eles realizou diversos viaxes a distintos lugares nos que adquiriu algúns dos traxes que forman parte da colección do Museo do Traxe, ubicado en Ordes. Algúns deles se exhibiron onte na casa da cultura causando moito interés e curiosidade entre moitos.