Martes 10 de Decembro de 2019

Novo curso gratuíto de lingua galega para obter o Celga 2


 

As clases, impartidas polo SNL da Mancomunidade de Ordes, irán dende o 28 de marzo ata o 23 de maio. O prazo de inscrición finalizará o próximo 22 de marzo

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes informa do inicio dun novo curso gratuíto de lingua galega para a obtención do título Celga 2. O dito curso dará comezo o 28 de marzo e finalizará o 23 de maio. En total serán 40 horas de clases presenciais, as cales se impartirán os luns e xoves de 10 a 12.30 horas no salón de plenos situado nos baixos da alameda de Ordes.
As persoas interesadas en inscribirse disporán ata o 22 de marzo para indicar os seus datos nas oficinas da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ou ben a través do correo electrónico irene.bravo@mancomunidadeordes.gal.