Martes 10 de Decembro de 2019

Convenio con Amnistía Internacional-Barbanza


O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de asinar, no pasado mércores día 6 de marzo, un convenio coa Amnistía Internacional-Barbanza, para a cesión dun local sito na coñecida como «antiga escola de música do Campiño»,para utilizar de sede da ONG na comarca do Barbanza. Á sinatura acudiu como representante da ONG Ana Cabo, coordinadora do grupo local da Amnistía Internacional; o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; e o concelleiro dos Servizos Sociais, Miguel Alamancos. Desta forma, Amnistía-Barbanza, ONG que traballa na defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, fixa a súa sede na comarca na Pobra do Caramiñal. O Concello da Pobra quere apoiar desta maneira a ONG no seu labor de protección social e na defensa da xustiza e os dereitos humanos en todo o mundo, e promover e facilita-lo traballo das voluntarias da nosa comarca na denuncia e divulgación de violacións dos dereitos humanos e inxustizas que se cometen hoxe en día. O convenio terá unha duración de catro anos e por el a asociación comprométese a levar a cabo, dentro da súa programación anual, actividades no concello da Pobra.