Domingo 21 de Abril de 2019

Primeiro posto para Xiana López na Copa Galicia de Salvamento e Socorrismo


 

Xiana López Fernández vén de acadar o primeiro posto na proba de 50 metros remolque de manequín con aletas na Copa Galicia de Salvamento e Socorrismo (alevín, infantil e cadete). A competición tivo lugar na Piscina Municipal Antía García, en Caldas de Reis, a pasada fin de semana.