Venres 18 de Setembro de 2020

O Concello de Ordes celebra o Día Internacional dos Bosques coa poboación escolar


Co gallo do Día Internacional dos Bosques o alcalde de Ordes e a concelleira de Educación, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García, realizaron unha visita aos colexios do Mesón do Vento e Campomaior (Ordes). Neste encontro co profesorado, cadros directivos e alumnado de primaria levaron a cabo a plantación dun pradairo xaponés. Ademais, os nenos e nenas de cada centro leron un manifesto en defensa da forestación e como sinal de agradecemento por todos os beneficios que as árbores lle brindan á humanidade.