Martes 18 de Xuño de 2019

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado a estrea da obra “Agapé”, do grupo de teatro afeccionado local Teatrando Alecrín


 

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado 23 de marzo, ás 19:00 horas, a estrea de “Agapé”, a nova obra do grupo de teatro afeccionado local Teatrando Alecrín. A entrada é totalmente libre e de balde.

Teatrando Alecrín está formado por un grupo de rapazas e nenas de Lousame, que o ano pasado acadaron un gran éxito coa súa obra “Feliz 1990”, que representaron nun par de ocasións en Lousame pero que tamén levaron por distintos escenarios da comarca do Barbanza. Teatrando Alecrín está integrado polas actrices Adriana Castro, Alicia Graciano, Carla Iglesias, Carla García, Catalina Iglesias, Kiana González, Andrea Carou, Andrea Romero, Paula Moledo, Yayza Fernández, Xiana García, Martín González e Natalia González.