Domingo 07 de Marzo de 2021

Un total de 25 cativos/as participarán mañá venres na Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame


 

Interpretarán bandas sonoras, música Disney e mesmo unha composición orixinal dunha das alumnas

A casa da cultura de Lousame acollerá mañá venres 29 de marzo, ás 20:00 horas, a Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame. Unha xornada na que o alumnado amosará ao público asistente as habilidades adquiridas no que vai de curso e na que está prevista a participación de 25 nenos e nenas. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar o aforo.

O director da Escola de Música de Lousame, Fernando Froján, adianta que “os rapaces e rapazas teñen previsto interpretar un repertorio moi variado, con temas de bandas sonoras e música Disney que tocarán de xeito individual, en dúo ou en grupo. Incluso teremos a estrea dunha composición orixinal dunha das alumnas, que compuxo unha canción que tocaremos nesta Audición de Primavera”. Está previsto que o festival teña unha duración dunha hora, aproximadamente.