Venres 18 de Outubro de 2019

A.C. Órdenes, novo subcampión galego na categoría júnior


 

Tras vencer por 7-0 ao Club Compañía de María o equipo júnior do A.C. Órdenes proclamouse subcampión galego de hóckey. O pavillón de Vite, en Santiago de Compostela, foi escenario esta fin de semana das finais A4 nas que participaron, ademais das aliñacións xa mencionadas,as do A.A. Dominicos e o H.C. Liceo.