Luns 17 de Xuño de 2019

A Escola Infantil Municipal de Brión abre mañá martes o prazo de inscrición no curso 2019-20


 

O Concello de Brión informa de que a escola infantil municipal de Brión abrirá do 15 ao 30 de abril de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos para o curso 2019-2020. As inscricións poderán realizarse no centro social polivalente de Brión (981 509 910).

Para anotarse é preciso que o neno/a para o que se pide a praza teña nado no momento de presentar a solicitude e cando menos 3 meses no mes de setembro, así como non cumprir 3 anos antes do 31 de decembro de 2019. Ademais, é necesario estar empadroado no Concello de Brión e superar o baremo de puntuación establecido.

A documentación que deberán presentar as familias inclúe: DNI dos pais, libro de familia, declaración da renda do exercicio 2017, informe da situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou informe de vida laboral dos pais (actualizado a mes de abril) e, no seu caso, documentación adicional coma tarxeta de demandante de emprego, certificado de discapacidade, separación/divorcio, título de familia numerosa…

O Concello de Brión informa de que a admisión de solicitudes fóra de prazo realizarase única e exclusivamente en situacións de emerxencia social, cambios de concello de residencia posteriores ao 30 de abril ou que o nacemento do neno/a sexa con posterioridade ao 30 de abril.