Martes 12 de Novembro de 2019

O «No la cambies Team» gaña o X Tetramaratón de San Sadurniño


Pasadas as 19.00h deste día de Xoves Santo rematou no Pavillón Municipal o X Tetramaratón de San Sadurniño. O gañador foi o «No la cambias Team», quen se impuxo ao «Mesón O Forno» na final a catro partidos. No primeiro encontro -baloncesto- gañou o «No la cambies..», no partido de volei houbo empate e no terceiro venceu o «Mesón O Forno», polo que todo se decidiu no último enfrontamento, disputado a hóckey.

Foi un partido bronco, con constantes interrupcións e enfrontamentos verbais dun e doutro lado entre si e co árbitro. Á postre, e nun clima tenso malia tratarse dun evento puramente deportivo, o vencedor foi o «No la cambias Team», por un marcador de 4 goles a 2. O premio ao fair-play foi para o equipo «Os Veteranos», sen dúbida o de maior promedio de idade.

Polo resto, todo ben. A xente disfrutou, mallou, suou e ofreceu un fantástico espectáculo deportivo presidido polo humor e a camaradería. Non houbo lesións reseñables máis aló da leve escordadura de Marcos Piñón «Pakito» -xogador do «Mesón O Forno»- no primeiro dos partidos da rolda final.