Martes 12 de Novembro de 2019

Ordes vive o principal acto da súa Semana Santa coa procesión do Venres Santo


 

Centenares de persoas congréganse nas rúas de Ordes venerar á Virxe das Dores e da Soidade e ao Cristo Xacente. Durante dúas horas percorreron as principais rúas da vila cunha. Arredor dun centenar de persoas, a maioría pertencentes á cofradía ordense, participaron na representación deste ano

Hoxe máis ca nunca Ordes viviu con fervor a Semana Santa. Con puntualidade as imaxes da Virxe das Dores e da Soidade e o Cristo Xacente saían pola porta principal da igrexa de Santa María de Ordes. Como cada Venres Santo a tradición deixouse sentir polas principais rúas da vila de Ordes.

Xa antes das 21 horas, hora do inicio do percorrido, numeroso público agardaba expectante ante a igrexa parroquial ordense. Unha espera que se deixaba sentir noutros puntos como as rúas Rosalía de Castro, Lagartos, O Recreo, Mediodía e Alfonso Senra.

O certo é que a procesión da Virxen das Dores e da Soidade nada ten que envexar a outras con maior reclamo turístico. Sen dúbida é a máis importante da comarca tendo en conta que dela forman parte máis de cen persoas portando imaxes ou ben participan como figurantes. Practicamente a totalidade son integrantes da cofradía da venerada Virxe, unha das máis numerosas da provincia con máis de 300 persoas formando parte dela. Supervisando todo ao detalla estaba María del Carmen Regueira “Carmiña a do Museo”, recentemente escollida como presidenta. Na comitiva tamén estiveron a maioría dos membros da corporación municipal.

Ademais do estandarte da confraría non faltaron a Cruz do Calvario, a coroa de espiños, os cravos, o martelo, o látego, a corda e outra serie de elementos que simbolizan a matanza e o sufrimento de Cristo. Este ano ademais da Banda de Música de Ordes tamén se contou cunha banda de tambores para marcar o paso durante o percorrido, que tivo unha duración aproximada de dúas horas.