Xoves 12 de Decembro de 2019

O alcalde de Frades mantén unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Rural para o arranxo de pistas no municipio


 

O alcalde de Frades, Roberto Rey, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co conselleiro do Medio Rural, José González, na que avanzaron en temas relacionados co sector lácteo, agrícola e forestal do municipio. Así, o rexedor trasladoulle ao conselleiro a relación de pistas de acceso a explotacións agrogandeiras e forestais no municipio para as que solicita unhas actuacións de mellora.

Rey Martínez trasladoulle ao conselleiro a realidade de Frades, municipio pequeno pero que ten toda a súa superficie concentrada, polo que ten que manter unha rede de camiños de titularidade municipal de máis de seiscentos quilómetros de lonxitude. Un traballo para o que hoxe tamén lle propuxo a posibilidade de adquirir un novo tractor que acometa labores de roza.