Mércores 13 de Novembro de 2019

Clausura do curso CELGA 2


 

Susana García clausurou esta mañá o curso preparatorio do CELGA 2, levado a cabo polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes. A concelleira de Educación en funcións do Concello de Ordes mantivo un encontro cos preto de 20 alumnas e alumnos que dende o pasado mes de marzo asistiron ás clases. En total impartíronse 40 horas de clases presenciais no salón de plenos situado nos baixos da alameda de Ordes. Susana García desexoulles sorte no exame que terá lugar o vindeiro 15 de xuño, e ofreceu ánimos para seguir estudando e preparando a dita proba durante este período intermedio. Ademais tamén se interesou polos casos daqueles e daquelas que esta mesma fin de semana se presentarán ás probas do CELGA 4 e a vindeira ao CELGA 3.