Mércores 20 de Novembro de 2019

Nacen os primeiros exemplares de 2019 de píllara das dunas no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz, en Oleiros


A semana pasada eclosionaron dous ovos que foron avistados e recollidos nas inmediacións da praia de Corrubedo, nunha zona que iba ser alcanzada polas mareas vivas

O Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe (CRFS) de Santa Cruz, en Oleiros, facilitou o nacemento dos dous primeiros exemplares de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) de 2019.

A pasada semana, dous polluelos de píllara das dunas naceron neste centro, tras un proceso de incubación artificial. Os ovos foron avistados e recollidos nas inmediacións dunha praia de Corrubedo, xa que o nido atopábse nunha franxa da area que ía ser alcanzada polas mareas vivas.

A píllara das dunas é unha especie vulnerable que adoita localizarse en sistemas dunares e en praias ben desenvolvidas. Está presente en todo o litoral galego, aínda que se ten constatado unha dimunición progresiva da colonia. Nos obstante, na primavera e no outono aumentan con motivo da chegada de grupos migratorios.

Tratase dos dous primieros ovos que oclosionan este ano neste centro; mentres que no 2018 naceron do CRFS catro exemplares desta mesma especie protexida. Neste caso, os exemplares foron localizados nas praias de Esmelle e Doniños, no Concello de Ferrol, lugraes nos que tamén foron liberados de adultos.

Na actualidade, os exemplares de Corrubedo seguen ingresados no centro recibindo coidados e alimento por parte do persoal do Centro de Recuperación. Posteriormente, os recen nacidos serán devoltos e liberados na praia de orixe, ao igual que os exemplares nacidos o pasado ano.