Martes 12 de Novembro de 2019

Ouros, pratas e bronces para os másters do Club Atlética a Silva-Ordes no Campionato Galego


 

Fin de semana chea de éxitos para o Club Atlética A Silva-Ordes. Os másters do club trasladáronse ata Oleiros para participar no Campionato Galego, de onde regresaron con nada máis e nada menos que 13 medallas de ouro, 4 de prata e 5 de bronce. No Trofeo de Atletismo do Barbanza Icía Ares Betanzos acadou dúas medallas de bronce nas probas de 60 m e 500 metros.

Por outra banda, ao Campionato de España por Federacións Autonómicas S18, disputado en Xetafe, asistiu María José Fraga Graña en calidade de adestradora.