Mércores 24 de Xullo de 2019

Este venres comeza unha nova edición dos «Venres en Sansa!»


O programa de lecer alternativo para a mocidade oferta 16 actividades repartidas en dous venres a principio do verán e outros dous a comezo do outono

¿Chégache a noite do venres e non sabes que facer?. ¿Gustaríache facer algo distinto ao de sempre e non se che ocorre nada…?.¿Verdade que prestaría armar algo no que puidesedes participar ti e mailos teus amigos e amigas?. Pois aí che vai a nosa proposta: os Venres en Sansa!, un programa da área de Mocidade que oferta 16 actividades de lecer alternativo dirixidas á xente nova, todas en venres e todas en horario nocturno. Os dous primeiros venres serán o desta semana e o da que vén, deixando os outros dous previstos para despois do verán. Para apuntarse haberá que entregar a folla de inscrición na Casa da Cultura. O prazo remata o mércores anterior a cada cita.

O Concello dividiu a oferta en dous venres do empezo do verán e outros dous a comezo do outono. Así, as datas elixidas son os venres 21 e 28 de xuño, 27 de setembro e 4 de outubro. As 16 actividades deseñadas xuntan deporte, xogo, cultura e tecnoloxía e van desde os drons até o paintball, pasando polo sendeirismo, o pimpón, un obradoiro de introdución á impresión 3D ou o mindfulness, entre outras.

Todas elas están pensadas para mocidade de entre 12 e 35 anos, aínda que tamén poderán participar persoas maiores desa idade se non se dan cuberto prazas. Ademais, tamén terán prioridade persoas empadroadas no concello e as prazas dispoñibles en cada actividade irán asignándose por orde de inscrición. Se aínda así non se chega ao cupo previsto para cada iniciativa tamén poderán participar persoas doutros municipios.

Todos os obradoiros e actividades precisan unha inscrición previa. Haberá que cubrir a folla de solicitude e entregala polas mañás na Casa da Cultura ou polas tardes na Biblioteca pública. O día límite é o mércores anterior ao venres en que se vaian celebrar os obradoiros nos que se queira participar. Todos son gratuítos, pero débese ter en conta que moitos deles se desenvolverán ao mesmo tempo, polo que cómpre repasar antes o programa para ver cales son os que máis interesan. Tamén é importante mirar con detemento se cómpre algún equipamento específico, como roupa recomendable, linternas, bicicleta, luz frontal, etc.

O programa Venres en Sansa! está organizado pola área de Mocidade en colaboración coa Asociación Cultural Brío, co Club Biela e Chaveta e o CPI de San Sadurniño.

Venres 21 de xuño
Obradoiro de drons
Horario: 19.15 a 21.15h.
Nº de prazas: 12
Lugar: Pavillón polideportivo municipal
Idades: 12 a 35 anos Introdución ao Mindfulness
Horario: 19.30h. a 21.30h.
Nº de prazas: 15
Lugar: Xardíns do Concello
Requisito: esterilla e coxín
Idades: 12 a 35 anos
Sendeirismo
Horario: 21.30 a 23.30h.
Nº de prazas: 75
Lugar: saída do CPI
Requisito: luz frontal
Idades: maiores de 8 anos Obradoiro de cosmética natural
Horario: 21.30 a 23.30h.
Nº de prazas: 20 persoas
Lugar: Casa da Xuventude
Idades:12 a 35 anos

Venres 28 de xuño
Paintball
Horario: 18.30 a 21.30h.(3 quendas)
Nº de prazas: 60 (20 por quenda)
Lugar: Presa do paseo fluvial
Idades: 12 a 35 anos Pintado do “Mural da Diversidade”
Horario: 20.00h. a 22.00h.
Nº de prazas: 12
Lugar: Peche do CPI
Idades: 12 a 35 anos
Parkour
Horario: 20.30 a 22.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Praza do antigo Concello
Idades: 12 a 35 anos Obradoiro de DJ
Horario: 20.30 a 22.30h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Xuventude
Idades:12 a 35 anos

Venres 27 de setembro
Obradoiro de Graffiti
Horario: 19.30 a 21.30h.
Nº de prazas: 10
Lugar: Casa da Xuventude
Idades: 12 a 35 anos Observación astronómica
Horario: 21.00h. a 23.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: encontro na Casa do Concello
Idades: 12 a 35 anos
Quedada BTT nocturna
Horario: 21.00 a 23.30h.
Nº de prazas: 100
Lugar: saída do CPI
Requisito: casco e luz frontal
Idades: maiores de 9 anos Danza Fitness
Horario: 20.00 a 21.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos

Venres 4 de outubro
Obradoiro de Baile contemporáneo
Horario: 19.30 a 23.30h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos Partidas de ping-pong
Horario: 20.30h. a 23.00h.
Nº de prazas: –
Lugar: Ximnasio do CPI de San Sadurniño
Idades: 12 a 35 anos
Hip-Hop
Horario: 20.30 a 22.30h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos Introdución á impresión 3D
Horario: 19.30 a 22.30h.
Nº de prazas: 13
Lugar: Casa da Xuventude
Idades: 12 a 35 anos