Martes 10 de Decembro de 2019

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación do verán


 

O Concello de Ordes xa ten aberto o prazo para apuntarse nas actividades de conciliación do verán para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos.
Música e movemento, saídas a parques e zonas verdes, xogos populares e en grupo, obradoiros e talleres creativos, inglés, dinámicas de grupos etc serán algunhas das actividades que se leven a cabo.
Nesta primeira quenda a data límite para poder facelo será o vindeiro xoves 20 de xuño e os prezos, repartidos en quincenas para os meses de xullo e agosto, irán dende os 44 aos 40 euros. No caso de xuño (do 20 ao 28) será de 20 euros, mentres que en setembro (do 2 ao 10) será de 28 euros. Ademais, haberá descontos de ata o 50% para as familias numerosas.

Aínda que o horario vai, como de costume, de 9 a 14 horas, tamén se ofrece a posibilidade de amplialo. Incluso cabe a posibilidade para xullo e agosto de transporte para a rapazada residente nas parroquias, sempre e cando se acade un número mínimo de usuarios e usuarias.

As persoas interesadas deberán dirixirse ao Departamento de Educación, situado no primeiro andar do consistorio (981680002, ext. 3)