Mércores 24 de Xullo de 2019

Rosalía e as nosas Letras engrosa a biblioteca do CPI de Xanceda


 

O alumnado do CPI de Xanceda, en Mesía, xa dispón de novos títulos literarios en lingua galega. Todo grazas ao concurso Rosalía e as nosas Letras, no cal participaron un bo número de estudantes do centro enviando audios e vídeos coas narracións de Rosalía e doutros escritores aos que se lles ten dedicado o Día das Letras Galegas. As encargadas de recoller o lote de libros de mans da técnica do Servizo de Normalización Lingüística, departamento pertencente á Mancomunidade de Ordes encargado de sacar adiante esta iniciativa, foron Pilar Sánchez e Charo López, concelleira de Cultura de Mesía e profesora do dito colexio. Todos os traballos realizados polos escolares da comarca pódense visitar no evento publicado no Facebook da Mancomunidade de Ordes. Unha iniciativa organizada co fin de promocionar o 24 de febreiro como o Día de Rosalía, ademais de conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio).