Mércores 11 de Decembro de 2019

O Concello de Brión organiza un curso para aprender a facer os trámites municipais a través da sede electrónica


O Concello de Brión organiza un curso para aprender a facer os trámites municipais a través da súa sede electrónica, o que permite realizar estas xestións sen ter que ir presencialmente á casa consistorial e con total liberdade de horarios. Un curso que terá lugar o venres 5 de xullo, ás 10:30 horas, na Aula Cemit do Concello de Brión. A participación é de balde, previa inscrición no teléfono 981 50 99 08, no mail casacultura@briondixital.org ou na Casa da Cultura brionesa.

Esta é a segunda vez que o Concello de Brión organiza un curso de manexo de sedes electrónicas. A anterior tivo lugar en febreiro de 2018 e estivo dirixida a entidades deportivas do municipio, que aprenderon a manexar a sede electrónica da Xunta de Galicia.