Mércores 24 de Xullo de 2019

A Halterofilia protagoniza a axenda deportiva da fin de semana co XXIII Trofeo Internacional “Cidade da Coruña”


 

Los Rosales acollerá unha competición na que participarán ata 53 deportistas de dez nacionalidades, cunha representación galega e coruñesa de 14 figuras desta especialidade

O Concello presentou esta mañá o XXIII Trofeo Internacional “Cidade da Coruña” de Halterofilia, que dará comezo mañá ás 09.30 horas no pabillón de deportes de Los Rosales, unha cita de balde na que participarán ata 53 deportistas de dez nacionalidades diferentes cunha importante representación galega e do Club Halterofilia A Coruña, que se agruparán en cinco tandas.

En concreto, competirán un total de 14 figuras do país coas seleccións de Malta, Eslovenia, Lituania, Portugal, Dinamarca, Inglaterra, Alemaña, Canadá e Hungría. A cita conta cada ano cunha maior participación de público aficionado, que ten a oportunidade de disfrutar de balde estos días do potencial de primeiras figuras do mundo.

A alcaldesa Inés Rey destacou na presentación a importancia deste tipo de eventos para dar a coñecer deportes minoritarios: “Iniciativas como o campionato fan canteira nunha especialidade que está dando froitos, en parte, polas 23 edicións do Trofeo Internacional ‘Cidade da Coruña’”. A rexidora sinalou que a única forma de despertar o interese da xente é “dándolles espazo” a estos deportes para que os coruñeses vexan halterofilia, pero tamén a empecen a practicar. Proba diso, apuntou Rey, é que de Galicia, é máis en concreto, da cidade, co Club de Halterofilia A Coruña, con tres campionatos nacionais, están saíndo grandes promesas.