Venres 26 de Febreiro de 2021

Conclúe o campamento de verán xuvenil no que participaron máis de medio cento de mozas e mozos dos municipios de Boqueixón e Vedra


 

Máis de medio cento de mozas e mozos dos municipios de Boqueixón e Vedra finalizan hoxe o seu campamento de verán xuvenil. Esta iniciativa, incluída na Acción de Verán desenvolvida de xeito conxunto polos ambos os dous concellos, comprendeu unha estancia dunha semana en Sanxenxo.

A mocidade participante, de entre 9 e 12 anos, gozou de sete días cheos de variadas propostas de lecer. Entre elas, non faltaron as actividades acuáticas como body board, padel surf, kayak ou snorkel.

Estas propostas de lecer estival contan cunha grande acollida entre a mocidade dos municipios de Boqueixón e Vedra, que xa completaron neste mes outras dúas iniciativas. Ademais dun campamento infantil, tamén en Sanxenxo, ofreceron o Campamento Recreando, que comprendeu unha estancia en Alacante.