Venres 23 de Agosto de 2019

O Concello poñerá en marcha unha nova oficina de voluntariado


 

O servizo comezará nos vindeiros meses en María Pita e a idea é que ocupe un espazo nas naves de Metrosidero no futuro para informar dos proxectos postos en marcha polas distintas entidades sociais de cara a engrandecelos e botar a andar un programa propio de cooperación xuvenil

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación poñerá en marcha a primeira oficina de voluntariado xeral e xuvenil, que ocupará temporalmente o departamento de Participación Cidadá, sito no pazo de María Pita, pero que terá un espazo definitivo en canto estean operativas as naves de Metrosidero.

O servizo comezará a funcionar nos vindeiros meses co fin, primeiro de informar, orientar e asesorar a quenes teñan interese de facer un labor de voluntariado en algunha das entidades sociais que na actualidade están desenvolvendo proxectos na cidade. Desde a oficina, os usuarios poderán coñecer que significa ser voluntario e que obrigas ten quen o acepta, así como os compromisos que se adquiren e os colectivos coruñeses que teñen abertas iniciativas de cooperación. Tratarase por tanto de darlles fidelidade aos que levan atendendo demandas sociais desde hai anos para que o resultado dos seus traballos abarquen a máis poboación.

Por outra parte, a área de Benestar Social, Igualdade e Participación, dependente da concellería, presentará nunha segunda fase un programa propio de voluntariado xuvenil para os rapaces que queiran colaborar en temas de carácter social.

Na actualidade, están abertas a nivel municipal tres vías para exercer o voluntariado en espazos e actividades públicas como son as bibliotecas, onde se dá un servizo de préstamos a domicilio para persoas que están enfermas ou teñen algún tipo de discapacidade e non poder acudir aos centros. Tamén se dispensa axuda aos maiores que son usuarios dos centros cívicos e hai voluntarios para as grandes citas deportivas co obxectivo de garantir unha organización óptima dos eventos e asistir aos participantes en caso de que faga falta.

Coa apertura deste novo servizo, Igualdade, Benestar Social e Participación quere reforzar a acción social da cidade a nivel de voluntariado e aumentala con novas opcións para os mozos coruñeses.